22/12/17
CONTACONTOS EN PRIMEIRO
As nosas axudantes de biblioteca, Mara e Naya, prepararon varios contos durante este trimestre para contarlles aos nenos de primeiro. Que ben o fan!
21/12/17
RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL
Estas son as Guías de Lectura da Coordinadora de Dinamización Lingüística do Morrazo. Cada neno xa levou a súa para a casa, non esquezades pedir algún libro polo Nadal!!!
11/12/17
COMEZANDO CO NOSO XORNAL
Este curso imos facer un xornal entre todos, por iso recibimos a visita duns xornalistas do Faro de Vigo que viñeron a orientarnos.
10/12/17
DOCUMENTAL SYNGDOC: O DESCOÑECIDO MUNDO DOS SIGNÁTIDOS
O biólogo Miquel Planas, científico do CSIC, estivo en Seara presentándonos o seu maravilloso documental sobre os cabaliños de mar (o tedes máis abaixo por se queredes velo coas vosas familias) Ao rematar tivemos ocasión de ter unha interesante conversa con el e preguntarlle todas as nosas dúbidas. Pola súa parte, el quedou encantado ao ver todo o traballo previo realizado.
7/12/17
O INVENTO MÁIS ÚTIL NA CASA
Xa tedes na entrada principal do colexio o resultado da enquisa que realizamos entre todas as familias preguntando cal era o invento que lles parecía máis útil na casa.
6/12/17
MALETA CIENTÍFICA
Xa anda polas aulas a Maleta Científica que nos chegou de Santiago. Agora anda por segundo curso. Cantos libros marabillosos contén!
5/12/17
ALFABETOS POLO MES DA CIENCIA
Xa temos na biblioteca as distintas aportacións das aulas á nosa proposta de Abecedarios Científicos:
INFANTIL 5 ANOS:
PRIMEIRO CURSO:
INFANTIL 5 ANOS:
PRIMEIRO CURSO: