O alumnado novo no colexio fixo unha pequena visita á Biblioteca e recibiu o seu carné. Tanto os pequenos de 3 anos coma os novos alumnos esperan impacientes a apertura da nosa biblio.
Comeza un novo curso no noso colexio. Este ano todo vai xirar en torno á CIENCIA e imos poñer as nosas cabezas a pensar e aprender, por iso o noso proxecto recibiu o nome de EXPERI-MENTES e Searín converteuse nun intelixente científico.