30/10/16
PREMIO NACIONAL DE BANDA DESEÑADA 2016
Pablo Auladell foi galardonado co Premio Nacional del Cómic 2016 pola súa banda deseñada "El paraíso perdido" baseada na obra de John Milton. Clicando na foto podedes ir á nova do xornal.
28/10/16
A PANTEIRA ROSA EN 5º CURSO
Os nen@s de 5º fixeron cómics da Panteira Rosa, pero primeiro traballaron os personaxes. Aquí tedes o resultado:
Os personaxes:
E as bandas deseñadas que debuxaron:
24/10/16
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro celébrase o Día de todas as Bibliotecas. En Seara quisemos festexar este día debuxando a portada da nosa banda deseñada favorita. Aquí tedes o resultado:
21/10/16
OUTRA MALETA VIAXEIRA
Dende Vigo chegounos outra maleta chea de libros de banda deseñada. Podedes gozar dos libros na Biblio na zona de exposicións.
20/10/16
EMPEZAMOS COMA SUPERHEROES!
O alumnado de 5º de Seara comezou traballando a banda deseñada transformándose en superheroes!
19/10/16
MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA
Relacionada co noso proxecto anual chegounos de Santiago unha enorme maleta chea de cómics. A maleta viaxou por todas as aulas e gozamos moitísimo dos "tesouros" que contén. Entre eles unha película de anime, "Mi vecino Totoro", que estivemos vendo polas aulas.
9/10/16
3/10/16
E CHEGOU OUTUBRO... E ABRIU A BIBLIOTECA
O tan ansiado día chegou: A Biblioteca de Seara abriu as súas portas. Algúns personaxes levaban días anunciando o evento polas portas e corredores: Esperaban polos lectores na nova exposición da biblio relacionada co proxecto anual de animación e banda deseñada.