Andabamos estes días preguntándonos se a canción "Río Largo de Profundis" de Zeca Afonso tería relación con Manuel María, e descubrimos no Faro de Vigo que así era. Aquí tedes a canción cantada especialmente para nós por Pili, a nosa profe de Música, e a súa amiga Chiruca. Máis abaixo tedes a nova do xornal.
31/5/16
PRESENTACIÓN CADERNO MANUEL MARÍA
Esta semana tivemos unha visita da agrupación cultural Nós, que nos presentou o seu caderno sobre vida e obra de Manuel María. O seu autor, Manuel Méndez, falounos tamén da última visita que fixera o escritor a nosa vila para inaugurar o paseo que leva o seu nome.
23/5/16
21/5/16
Traballando sobre Manuel María
Ademáis de decorar o pobo cos nosos poemas e debuxos sobre Manuel María, tamén no centro deixamos a nosa mostra de traballos adicados ao homenaxeado nas letras galegas deste ano.
18/5/16
MANUEL MARÍA ENCHE AS RÚAS DE MOAÑA
Esta mañá todos os alumnos e alumnas de Seara sairon para encher as rúas da nosa vila con poemas e debuxos do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Os máis pequenos decoraron o Paseo de Manuel María, e os de quinto e sexto achegáronse ata a contorna da Praza de Abastos para expoñer os seus traballos.
16/5/16
PAISAXE DE MANUEL MARÍA
Os rapaces e rapazas de Primeiro gozaron da poesía de Manuel María e fixeron un fermoso mural nocturno sobre "A Galiza de Manuel María"
11/5/16
OS SONS DE MANUEL MARÍA
Non podía ser doutro xeito, dentro do noso proxecto "Sons de Galiza" traballamos os poemas cantados de Manuel María.
9/5/16
2/5/16
Traballando sobre "Nena o mar" de Érica Esmorís.
Esta semana visítanos Érica Esmoris, para falarnos do seu libro "Nena e o mar". Para coñecer un pouco máis sobre o mundo das sereas das que nos fala no seu libro, deixamos aquí unhas presentacións feitas polo alumnado de 6º.
As Sereas from ceip Seara